miércoles, 19 de mayo de 2010

MARÍA LÓPEZ CID

Unha vida no mar

Día a día consumimos productos que veñen do mar. Sentámonos a mesa e non nos percatamos do traballo realmente duro e pouco valorado dos homes e mulleres que o fan chegar ata onda nós. O traballo dun pescador por exemplo, que sae ao mar sen saber de certo que podrá atopar un gran banco de peixes que lle permitan manter a súa familia. Traballando de sol a sol, descansando o máis mínimo, xogándose a vida, alexados da súa terra, da súa familia, con fortes ventos e tormentas... Se a recollida é menor cos gastos, a tripulación non cobrará nada tralo sacrificio realizado. Despois de todo continuamos pensando que o pescado está caro? ou pola contra, non debería estar aínda máis caro? Toda esta xente depende de como soplan os ventos, das correntes do mar e mesmo dos prezos. O único realmente certo é o sacrificio que a diario estas persoas realizan e a desesperación de toda unha familia ante a ausencia e a sempre desconfianza de se todo irá ben...
María

No hay comentarios:

Publicar un comentario